Alejandro Otero

aotev@unileon.es

Alejandro Otero es doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e posúe un máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial por esta mesma institución. A súa tese doutoral, realizada no marco dun contrato para a Formación de Profesorado Universitario (FPU), analiza a evolución histórica, política e territorial do proceso de comarcalización en Galicia, desde os seus antecedentes ata a súa formulación máis recente. As súas liñas de investigación céntranse na organización político-administrativa do territorio, as dinámicas demográficas, o desenvolvemento local, as identidades territoriais e a cooperación transfronteiriza. É autor de varios artigos, libros e capítulos de libro sobre estas temáticas en revistas e editoriais ben posicionadas. Participou en diversos proxectos de investigación, destacando a súa contribución en A planta local galega: impulso dos procesos de fusión municipal, financiado pola Xunta de Galicia; en Síntese da análise e do diagnóstico territoriais do futuro AECT Raia Seca-Gerês/Xurés, promovido pola Deputación Provincial de Ourense; ou en Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030: Revisión e adaptación de 2023 do Plan de Acción, impulsada pola AECT Rio Minho. Desde 2025, exerce como Profesor Axudante Doutor no Departamento de Xeografía e Xeoloxía da Universidad de León (Unileon). Anteriormente, traballou como profesor interino na Universidade da Coruña (UDC) e na de Santiago de Compostela (USC).