Cibrán Tenreiro

cibran.tenreiro@usc.es

Cibrán Tenreiro é Profesor Axudante Doutor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Doutor pola mesma universidade, é tamén Máster en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo pola Universitat Pompeu Fabra (UPF) e ten unha especialización en Documentalista audiovisual e Film researcher pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC). O seu traballo como investigador examina os usos creativos das ferramentas de baixo orzamento, as relacións entre música e cinema ou a produción creativa das comunidades de fans e escenas, ademais de diferentes liñas relacionadas co audiovisual galego, como o uso de material de arquivo ou o papel da crítica. O seu texto Equilibrios precários: unha aproximación aos vídeos dunha escena underground galega recibiu o Premio María Luz Morales de ensaio escrito sobre audiovisual galego. Fóra da academia, ten traballado como xornalista cultural en medios como a Radio Galega ou VINTE e no equipo de comunicación de festivais como Curtocircuíto ou o Carballo Interplay, ademais de participar en proxectos como o Cineclube de Compostela ou a AFC.