Blog

Sesión de peche do cuadrimestre con Natasha Pauli (4 / 6 / 2026, 19:00)

O vindeiro xoves 4 de xuño de 2026, ás 19:00 (sala de xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia), temos o pracer de contar coa presenza da profesora Dra. Natasha Pauli, da University of Western Australia (UwA).

Nesta sesión do SFU, Natasha Pauli vénnos presentar parte da súa investigación sobre o modelo urbano de Perth: “¿Qué naturaleza(s) son posibles en una ciudad de muy rápido crecimiento? La planificación ambiental contemporánea en Perth (Australia) a debate“, que será seguido por unha discusión cos presentes.

Coma sempre, convidámosvos a todas e a todos a este espazo aberto para compartir indagacións e discutir ideas sobre a imaxinación dos territorios e dos espazos urbanos do futuro.