Doutor en Xeografía pola Universidad Nacional de Cuyo (Mendoza, Arxentina), é Investigador Contratado no Departamento de Xeografía da USC polo Programa Margarita Salas do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
As súas liñas de investigación céntranse no ámbito da xeografía física e o patrimonio, cunha forte orientación aplicada e práctica no territorio. Isto levouno a participar en distintos plans de ordenación espacial e na xestión de recursos para a administración estatal, autonómica e local. Nos últimos anos, foi desprazando o seu traballo até a análise sistémica do patrimonio, centrando a súa atención en feitos e fontes históricas que casou con fontes populares a modo de ferramenta innovadora para a análise xeográfica rexional.