
Curso
Curso

Iago Carro é arquitecto e mestrado en urbanismo pola Universidade da Coruña (UDC) e investigador membro de Ergosfera, unha cooperativa adicada á investigación urbana e á práctica urbanística desde 2006. Brais Estévez é doutor en xeografía pola Universitat Autònoma de Barcelona e Cristina Botana é doutora en arquitectura e urbanismo pola UDC.
A Coruña pública é o resultado inicial dun proxecto colectivo de investigación que ten como obxectivo realizar unha cartografía o máis precisa posible do patrimonio público no municipio da Coruña. Unha cartografía pensada como unha ferramenta libre que represente os recursos públicos potenciais para o común. O proxecto foi desenvolvido entre febreiro de 2024 e xaneiro de 2025 polo equipo formado por Iago Carro (Ergosfera), Ramón Fernández (Ergosfera / Hábitat Social), Cristina Botana (USC) e Brais Estévez (UOC).
Na seguinte páxina podedes visualizar a cartografía e toda a información do proxecto: https://ergosfera.org/archivo/a-coruna-publica/index.html
