Curso
Curso
Dedícome á investigación inter/transdisciplinar das imbricacións entre ciências, corporeidades e culturas. Emprego unha ampla variedade de perspectivas teóricas, coma os estudos culturais, os estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade, os estudos do corpo, teoria feminista, a antropoloxía da ciencia e saúde púbica/planetária crítica, así como métodos de investigación cualitativa, como as etnografias multisituadas e dixitais, a autoetnografía e a análise histórica e das políticas públicas da ciencia e da saúde.
Licenciada en Bioloxía (USC, 2009), decidín seguir a miña paixaón polos estudos sociais e culturais da ciencia, complementando com distinción un mestrado en Estudos Culturais (Goldsmiths Universidade de Londres, 2011). Financiado pola Obra Social ‘la Caixa’, o meu doutoramento no Departamento de Estudos Culturais, Goldsmiths (2019), examinou como a ciencia do microbioma humano redifica unha inmuno-lóxica da inclusión e exclusión a través da ‘bioloxización’ das categorias sociais da diferenza.
Fun professora associada en Goldsmiths (2014-2020) nas áreas de estudos culturais, teoria crítica e estudos de xénero e do corpo e investigadora Wellcome Turst do proxecto ¨Following the life of the Francis Crick Institute¨ no centro Science, Technology and Innovation Studies, da Universidade de Edinburgo (2016-2017). No 2019 concedéronome o proxecto Wellcome Trust ¨Shared Futures: Codeveloping Medical Humanities in China and the UK¨, Universidade de Strathclyde. Como investigadora asociada en Xenética e Sociedade da Universidade de Oxford (2020-2021), levei a cabo investigacións sobre as implicacións culturais das probas de embarazo non invasivas (NIPT) en Taiwán, Sudáfrica e Dinamarca. En 2019, concedéronme o premio EcoSocieties (Universidade de Nottingham).
Fun Investigadora Margarita Salas no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC (2022-2024). Desde 2021, son Profesora Colaboradora da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), no Mestrado Interuniversitario en Saúde Planetaria (UOC-Pompeu i Fabra-ISGlobal).
Incorporeime ao Departamento de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Instituto de Filosofía do CSIC (IFS-CSIC) en setembro de 2024 como investigadora Ramón y Cajal, área ciencias sociais (RyC2022-036985-I). A miña investigación actual explora as imbricacións entre as dimensións filosóficas, culturais e corporais da inmanencia e a trascendencia e como o místico se entretece de modos e modalidades liminais tanto en termos de coexistencia con como de resistencias cara formas de vida tenaces (p. ex., microbios resistentes), transformacións socioambientais (p. ex., calor extremo, inundacións) e formas de normatividade e lexitimación biomédica.
Investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Instituto de Filosofía do CSIC, Andrea Núñez Casal dedícase á investigación inter/transdisciplinar das imbricacións entre ciencias, corporeidades e culturas. Nese traballo emprega unha ampla variedade de perspectivas teóricas (estudos culturais, de ciencia, tecnoloxía e sociedade, teoría feminista, antropoloxía da ciencia…) así como métodos de investigación cualitativa. Licenciada en Bioloxía pola USC e doutora en Estudos Culturais en Goldsmiths, a súa carreira tena levado a traballar, ademais de nesas universidades, na UOC ou nas de Edinburgo, Strathclyde ou Oxford. A súa investigación actual explora as imbricacións entre as dimensións filosóficas, culturais e corporais da inmanencia e a trascendencia e como o místico se entretece de modos e modalidades liminais tanto en termos de “coexistencia con” como de “resistencia cara” formas de vida tenaces, transformacións socioambientais e formas de normatividade e lexitimación biomédica.

