Curso

23.05.2024 19:30

A ruína como terceira paisaxe habitábel

Do convento de freiras ao Konvent de artistas de Cal Rosal


Rosa Cerarols
Universitat Pompeu Fabra

A nivel territorial, téndese á protección do patrimonio ou á tipificación do devir ruína. Nese limbo e cunha certa dose de xeocreatividade, o marxinal da terceira paisaxe pode ser transformado nunha oportunidade emancipatoria renovada para vivir e experimentar outras formas de estar e habitar. Ese é o caso de Konvent, onde o concepto de ruína virou un motor de transformación e rexeneración do local.

Xeógrafa pouco convencional. Unha das fundadoras do proxecto multidisciplinar Konvent de creación artística e fomento do territorio. Profesora do Departamento de Humanidades da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona (UPF). Parte do grupo de pesquisa en Xeohumanidades onde traballa sobre o papel da xeografía na súa intersección coa creación cultural e a paisaxe.