Curso

13.01.2023 13:00

Asentamentos precarios en Galicia

Procesos e resistencias dos conxuntos autoproducidosfrente á infravivenda institucional


Cristina Botana
Universidade de Santigo de Compostela

Doutora en Arquitectura e Urbanismo pola UDC e mestrada en Ciudad e Urbanismo pola UOC. Investigadora postdoutoral Juan de la Cierva no Departamento de Xeografía da USC (2022–2025). O seu traballo parte da arquitectura e o urbanismo para explorar o territorio como como un arquivo vivo de memorias, tensións e resistencias. O seu traballo centra as desigualdades e as formas insurgentes de habitar que se tecen nas marxes, buscando sempre os saberes sutís que a cidade agocha entreliñas. Concibe o territorio como un espazo de relación, conflito e posibilidade, onde as prácticas cotiás e os coidados abren outros xeitos de imaxinar o común.  Entre os seus últimos proxectos destaca a Diagnose Urbana con perspectiva de xénero para o municipio de Silleda, que foi pioneiro en Galicia e o proxecto de investigación e divulgación “A Coruña entre memorias. Historia, colonialismo e identidade” que incluíu unha exposición no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt): “A Coruña, porto negreiro”. Directora da Escola Decolonial Galega, publica e divulga sobre urbanismo decolonial, ecofeminismos e segregación socioespacial; impartiu conferencias en centros nacionais (UGR, UB, USC, UDC) e internacionais (UNT-Arxentina, UTV-Colombia, MINVU-Chile). Recibiu o Premio COAG 2019 de Divulgación, Investigación e Deseño pola exposición Éxodo e colabora en medios como Crítica UrbanaO Salto e Clara Corbelhe.