08.05.2025 19:00

Desafiando a opacidade na participación:

Navegando entre representación, desigualdade e vulnerabilidade na investigación participante con pescadores migrantes en Escocia


Maria Luisa Caputo
Università degli Studi di Parma

Son xeógrafa, actualmente investigadora posdoutoral na Università di Parma e investigadora visitante na University of Edinburgh, onde realizo unha investigación para o proxecto Negotiating Boundaries and Claiming Belongings in Everyday Interaction. Este proxecto explora como a experiencia da xente nova e os procesos de contestación da racialización na súa vida cotiá grazas ao emprego de métodos participantes – particularmente o foro teatro – para examinar como os limites son negociados en termos sociais e espaciais. 

Entre 2020 e 2024, estiven implicada no proxecto Horizonte 2020: MATILDE, no que investiguei o impacto da migración no desenvolvemento local en rexións rurais remotas en Europa. Co-liderei o paquete de traballo sobre o impacto económico da migración e conducín a investigación-acción participante nas Illas Occidentais de Escocia. Neste cadro, traballei de preto coas comunidades locais e traballadores migrantes, particularmente no sector pesqueiro.