Arquitecto pola Universidade da Coruña e Máster en Proxectos Arquitectonicos Avanzados (UPM, 2015). Doutor (sobresaliente cum laude, 2020) en Proxectos Arquitectónicos Avanzados pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) coa tese titulada: “O dispositivo fronteira: a construción espacial desde a norma e o corpo migrante”. Actualmente desenvolve a súa investigación de posdoutoramento na intersección entre poder, memoria e construción da paisaxe como investigador posdoutoral na USC. Combina a súa actividade académica coa práctica editorial a través de Bartlebooth, unha plataforma de edición e investigación cosmopolítica que recibiu galardóns nacionais e internacionais.