Curso
Curso
Alejandro Gándara é xornalista, investigador e cineasta. Escribiu en medios como La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Luzes e Novas da Galiza, ademáis de colaborar no Diario Cultural Zeta da Radio Galega falando da actualidade musical. Realizou varios proxectos arredor da música tradicional galega, como o arquivo audiovisual Punto e Volta ou a longametraxe documental Dorothé na Vila, que se suman na súa filmografía a outras obras documentais como a serie Galicia de 20 a 20 ou a recén estreada 360 curvas. Entre 2022 e 2023 estudou produción de música electrónica en Garaxeland, e en 2023 recibiu a Bolsa de Investigación de Artes e Humanidades da Deputación Provincial da Coruña para o proxecto Galician Beats. Cara a popularización da música electrónica galega? (2010-2025), no que estuda o proceso de entrada da electrónica no universo musical galego e o seu artellamento nas diferentes escenas e propostas que se dan nel na actualidade.

