
Curso

Aldara Cidrás Fuentes é doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerceu como investigadora e docente nos últimos anos. Foi tamén investigadora visitante en Princeton University e investigadora residente no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Neste último desenvolveu o proxecto Compostela (etno)gráfica (@compostela_etnografica), traballo de investigación e divulgación que, a través do patrimonio gráfico de Santiago de Compostela, se achega ao pasado da cidade e matina sobre o seu futuro, atravesado pola xentrificación e turistificación. A rotulación comercial do casco histórico actúa no proxecto como un dispositivo que vehicula conversas, ás veces incómodas, sobre nós mesmas e o espacio que (des)habitamos. Arredor de todas estas cuestións ten tratado en diversos medios; o máis recente, na revista Clara Corbelhe co artigo “Lugares de memoria, paisaxe urbana e gráfica comercial. Reflexións entre o pasado e o futuro dunha Compostela turistificada”.

