07.05.2026 09:30

Novas visións urbanas: a pegada das utopías na cidade actual

Xornadas de ARSOGAL e do Seminario de Futuros Urbanos
, , , , , , , , , , ,

Nun contexto de profundas incertezas vencelladas á sucesión das crises económicas e ambientais recentes, faise precisa a reflexión sobre as transformacións dos espazos urbanos e das cidades que lles permitan responder a estes desafíos contemporáneos e recuperar o seu carácter de espazos de vida atractivos e desexados. Neste senso, o eido dos estudos urbanos, do urbanismo e da historia da arquitectura estudan de que xeito as arquitecturas soñadas e os proxectos arquitectónicos ou urbanos (realizados ou non), primeiro, constitúen o reflexo de boa parte dos intereses, valores, aspiracións individuais e colectivas, así como as mentalidades da súa época; e segundo, inflúen e inspiran a construción e os deseños urbanos posteriores. Deste xeito, a imaxinación xeográfica e o pensamento utópico especulativo, mediante a súa materialización, principalmente en proxectos, convértense en dispositivos que nos axudan a concibir alternativas urbanas adaptables para a resolución dos problemas contemporáneos das nosas cidades. 

Estas xornadas procuran amosar os resultados sobre as investigacións de diferentes proxectos arquitectónicos e urbanos contemporáneos soñados para os espazos urbanos galegos e que non chegaron a desenvolverse. Asemade, xuntamos a unha serie de investigadores de recoñecido prestixio internacional para reflexionarmos sobre as diferentes dimensións do pensamento utópico centrado nos nosos espazos urbanos. Afondamos na cuestión do estudo das utopías arquitectónicas e as tendencias observadas na concepción e deseño de proxectos que están marcados polo emprego das ferramentas nacidas na acelerada revolución das tecnoloxías dixitais. Ademais, reflexionamos sobre novas visións e aproximacións ás cuestións urbanas derivadas das transformacións na dimensión afectiva e emocional que está mediada pola expansión da dixitalización. Por outra banda, abordamos as utopías da gobernanza urbana para imaxinar modelos alternativos para a regulación da economía de plataformas características da fase do capitalismo financeirizado. Finalmente, ofrecemos unha discusión aberta á cidadanía e aos axentes urbanos sobre a necesidade de fomentar diferentes modos de pensamento utópico especulativo en común, para desenvolver novas visións urbanas que nos conduzan a cidades e espazos urbanos máis xustos e vivibles no futuro.

Programa detallado

Xoves 7 de maio de 2026. Facultade de Xeografía e Historia – Sala de Profesores

10:00 – 10:15. Presentación das xornadas. Jesús Ángel Sánchez García (coordinador do grupo iDEAHS) e José Ignacio Vila Vázquez (coordinador do Seminario de Futuros Urbanos)

10:15 – 11:15. The Power of Urban Aesthetics: Sensations, Digital Technologies and Urban Redevelopment. Mónica Degen (Brunel University of London). Modera: José Ignacio Vila Vázquez

11:15 – 11:45. Pausa

11:45 – 12:45. The Anticipated City: AI Foundation Models as Archives of Urban Expectation. Darío Negueruela (Max-Planck Society / University of Zurich). Modera Jesús Ángel Sánchez García

12:45 – 14:00. Comunicacións ARSOGAL – SFU. Modera: Viviana Buitrón Cañadas

12:45 – 12:55. Reconsideración dunha utopía anti-moderna: Antonio Palacios e a Rúa Galicia para Santiago de Compostela (1932). Jesús Ángel Sánchez García (USC e proxecto ARSOGAL)

12:55 – 13:05. Conflitos e imaxinación xeográfica na música galega contemporánea. Cibrán Tenreiro Uzal (USC e SFU)

13:05 – 13:15. Utopías industriais na Coruña de Posguerra: a ZICSA e o frustrado proxecto sobre a Ría do Burgo (1947). Daniel Lucas Teijeiro Mosquera (proxecto ARSOGAL)

13:15 – 13:25. Aprendendo dun simulacro de proxecto paisaxístico nacional: a concepción do espazo público do Bosque de Galicia. José Ignacio Vila Vázquez (USC, ANTE-IDEGA e SFU)

13:25 – 13:35. A pegada do invisible: dous proxectos non realizados de Pascuala Campos e Myriam Goluboff. Aránzazu Pérez Indaverea e Yolanda Pérez Sánchez (proxecto ARSOGAL)

16:30 – 17:30. Utopias of Undoing (Architecture). Gizem Deniz Güneri (Middle East Technical University, Ankara). Modera: Aránzazu Pérez Indaverea

18:00 – 19:00. From the Promise of Platforms to Urban Discontent: The Rise and Regulation of Short-Term Rentals in European Cities. Francesca Artioli (École d’Urbanisme de Paris / Université Paris Est-Créteil). Modera: Yolanda Pérez Sánchez

19:00 – 20:00. Mesa redonda cos relatores. Moderan: Yolanda Pérez Sánchez e José Ignacio Vila Vázquez

Venres 8 de maio de 2026

Facultade de Xeografía e Historia – Aula 2

9:00 – 10:30. Obradoiro Digital Technologies, Senses and the City: Researching the Urban Aesthetic of Santiago con Mónica Degen

Saída urbana. Inicio na porta principal da Facultade de Xeografía e Historia

11:00 – 14:00. Visita da Cidade da Cultura de Galicia

16:30 – 18:00. Visita do centro de Santiago de Compostela

Inscrición obrigatoria ás xornadas na seguinte ligazón (até o 5 de maio de 2026)*: https://forms.cloud.microsoft/e/nSGpFbcP0K?embed=true

*A entrada é gratuita e aberta a calquera persoa ata cubrir o aforo das salas. Mais por motivos de organzación, requírese cubrir o formulario de inscrición


Comité organizador de ARSOGAL e SFU

Viviana Buitrón Cañadas

Alejandro Otero Varela

Aránzazu Pérez Indaverea

Yolanda Pérez Sánchez

Jesús Ángel Sánchez García

Cibrán Tenreiro Uzal

José Ignacio Vila Vázquez

 

https://www.ideahs.es/proxecto-arsogal

https://futurosurbanos.org/presentacion/