Curso

21.12.2023 19:30

Nueva Galicia. O arquivo



Iván Nespereira
Artista visual

Como artista visual inviste tempo en desenvolver proxectos documentais –a longo prazo– que parten da investigación e onde a fotografía e o vídeo deveñen as súas ferramentas fundamentais. En 2017 auto-edita Nueva Galicia; un traballo que rexistra os rastros de dous movementos. Dunha banda, a árbore do caucho (hevea brasiliensis) e a súa relación coas vicisitudes da modernidade colonial. Doutra banda, os desprazamentos de poboación europea ao Amazonas, atraídos polo auxe económico ligado á extración do caucho entre 1850 e 1920. Interesado pola xeografía e as singularidades dos territorios, actualmente desenvolve BLOQUE, unha indagación ao redor da pedra e os diferentes procesos máis do que espaciais relacionados coa mesma