21.11.2024 13:30

Prototipos para un Departamento de Umbroloxía: a calor como un asunto que pensar coas mans



Tomás Sánchez Criado
Universitat Oberta de Catalunya

Antropólogo da ciencia e a tecnoloxía. Actualmente traballa como investigador sénior Ramón y Cajal no grupo CareNet-IN3 da Universitat Oberta de Catalunya. No seu traballo etnográfico e de implicación pública indagou sobre distintas formas de política material e do coñecemento en ambientes nos que se invoca o coidado como modo de intervención urbana; xa sexa como unha forma peculiar de activismo tecnocientífico (democratizando saberes, prácticas de deseño e infraestruturas) ou como unha práctica coa que articular ecoloxías de apoio (urbanismo accesíbel; plans de mitigación da calor urbana)