Curso

08.02.2024 19:30

Que natureza conservar tras o Antropoceno?

Unha ollada crítica ás iniciativas ‘rewilding’ en Europa


Diego Cidrás
Universidade de Santiago de Compostela

Doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerce de Profesor Axudante Doutor. Tras desenvolver unha tese sobre a conflitividade do eucalipto en Galicia e Australia Occidental, investiga actualmente a aterraxe de proxectos rewilding en diferentes realidades territoriais. Considérase un xeógrafo interesado en comprender as interaccións humanas coa natureza, nomeadamente sobre paisaxes conflitivas. Algúns dos seus intereses tamén inclúen a participación social en ámbitos comunais, ou a exploración das perspectivas locais sobre a xestión de especies exóticas invasoras.