Curso

27.10.2023 13:00

Que verde era o noso val:

imaxes para a resistencia socioambiental en Galicia


María Gil Martínez
Universidade de Santiago de Compostela

Investigadora predoutoral FPU na Universidade de Santiago de Compostela. É graduada en Historia da Arte (USC) con Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia, e máster en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (USC-ULPGC).

Doutoranda no Departamento de Historia da Arte arredor da ligazón entre a creatividade e a disidencia no imaxinario gráfico das loitas socioambientais en Galicia, baixo a dirección do profesor Miguel Anxo Rodríguez González. As súas liñas de investigación parten da relación entre arte e política, os estudos culturais e a arte gráfica.