06.11.2025 19:30

Regreso ao futuro:

Rudimentos para unha aceleración libidinal


Sergio Meijide Casas
Universidade de Santiago de Compostela

Sergio Meijide Casas é historiador da arte e filósofo. Actualmente traballa como investigador posdoutoral no Departamento de Historia da Arte da USC. As súas investigacións enmárcanse nos ámbitos da estética, a teoría da arte e a arte contemporánea. Publicou en revistas de alto impacto, comisariou exposicións, participou en numerosos congresos internacionais e realizou estadías de investigación en Francia, Inglaterra e Portugal. É coeditor de Ruinas y descampados: contra-historia del paisaje (Abada, 2024) e Gestión y autogestión del arte: experiencias y perspectivas actuales (Abada, en prensa). En 2024, gañou o VII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea. Na actualidade, está a investigar no Birkbeck College, University of London.