Blog

Xa dispoñibles a programación e a inscrición para o Seminario de Futuros Urbanos (2º cuadrimestre 2025-2026)

Como en pasadas edicións, o Seminario de Futuros Urbanos é ofertado como formación da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). As inscricións para obter o recoñecemento das 10 horas correspondentes están xa abertas ata o martes 3 de marzo e poden facerse neste vínculo.

O programa para este cuadrimestre achégase, como é habitual, á contorna desde diferentes perspectivas e disciplinas, incluíndo a xeografía pero tamén o cinema, a arquitectura ou as ciencias políticas, con parte dos contidos vinculados ás xornadas Novas visións urbanas: as pegadas das utopías na cidade, nas que colaboramos na organización co proxecto ARSOGAL (Arquitecturas soñadas. Proyectos fallidos y pensamiento utópico en la historia de la arquitectura de Galicia).